El 27 Dr. Martín Civantos, Dra. Delgado Anés y Romero Pellitero presentarán «Arqueología en Sierra Nevada: El agua como vertebrado del paisaje y de los conocimientos ecológicos locales»
en el Workshop: Arqueoloxía en áreas de montaña. Organizado por el Instituto de Ciencias del Patrimonio CSIC Incipit con la colaboración del Consejo de Cultura Galega.
Más información
A Arqueoloxía en áreas de montaña constitúe un ámbito de investigación consolidado en grandes cadeas montañosas europeas como os Alpes. Este xénero de estudos vive un auxe notable desde a última década do século pasado, que podería conectarse coa crecente interdisciplinariedade da práctica arqueolóxica. A interrelación entre a Arqueoloxía e os estudos pal
eoambientais, xunto ao vigor de estratexias teórico-metodolóxicas como a Arqueoloxía da Paisaxe, a Bioarqueoloxía ou os estudos etnoarqueolóxicos sostiveron tal desenvolvemento. Sen embargo, esta liña de investigación viviu un despegue máis lento e tardío na Península Ibérica, con algúns proxectos pioneiros iniciados na primeira década do presente século, fundamentalmente circunscritos ao Pirineo catalán. Puntualmente, desenvolvéronse investigacións noutras zonas montañosas, aínda que
permanecían desconectadas dos debates de amplo alcance que, ano tras ano, gañaban visibilidade en reunións periódicas como as organizadas pola European Association of Archaeologists (EAA) ou a Union Internationale des Sciences Préhistoriques et Protohistoriques (UISPP), ademáis de en congresos como o Landscape Archaeology Conference (LAC) ou o Computer Applications and Quantitative Methods in Archaeology (CAA).
Por fortuna, o dinamismo da Arqueoloxía en áreas de montaña da Península Ibérica creceu de maneira sensible nos últimos anos, sumándose novos proxectos e equipos investigadores. A pesar delo, carecemos de redes que contribúan ao debate, ou o establecemento conxunto de prioridades de investigación neste ámbito. Con este obxectivo, o workshop «Arqueoloxía en áreas de montaña: últimos desenvolvementos e retos de futuro na Península Ibérica» reúne en Santiago de Compostela unha selección dos diversos grupos de investigación que actualmente conducen investigacións arqueolóxicas en zonas de montaña da península ibérica. Ademais de dar a coñecer os últimos avances e fortalecer as relacións entre os equipos participantes, o encontro constitúe unha boa oportunidade para contrastar as especificidades e converxencias dos diversos casos de estudo, poñer en común e discutir os métodos e enfoques teóricos despregados polos diferentes proxectos, e debater quizá algúns dos retos de futuro que poidan ser afrontados a partir do establecemento de sinerxías e esforzos compartidos. Para elo, co
ntamos cun elenco de especialistas ligados con períodos cronolóxicos diversos, que cobren ademais un espectro xeográfico amplo de todo o solar ibérico.
Este workshop ten lugar no marco do Proxecto Posdoutoral «Unha lectura cultural dos procesos de antropización das montañas do Noroeste ibérico durante a Prehistoria recente», financiado a través dunha Axuda de apoio á etapa de formación posdoutoral nos organismos públicos de investigación de Galicia (Ref. IN606B-2016/007) outorgada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia. O proxecto execútase desde o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, e supuxo o inicio das investigacións arqueolóxicas nos pasteiros alpinos e subalpinos da Cordilleira Cantábrica na comarca de Babia (León). O equipo, coordinado por David González Álvarez, ofrece neste encontro os primeiros resultados dos seus traballos, que serán contextualizados no marco xeral do debate que articulará o workshop.
Os equipos participantes no workshop exporán os avances recentes dos diferentes casos estudados a través de relatorios de 30 minutos, incluíndo tempo para preguntas directas desde o público. Seguirán espazos de debate arredor dos relatorios ao termo de cada un dos dous bloques que artellan o encontro. Por último, unha mesa de debate servirá de colofón para establecer un debate más amplo no que se exploren temas transversais que poidan reforzar a vocación interdisciplinar da Arqueoloxía en áreas de montaña desenvolvida na Península Ibérica.
Esta xornada, organizada polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega.
Máis información e inscrición nos contactos dos organizadores:
Tel. 981590962 (ext. 308)
e-mail: uplandarchaeology@gmail.com
https://www.facebook.com/UplandArchaeology/
Deja una respuesta